top of page
 manulago 

CLÁSICAS DESFEITAS VOL.3

MANU LAGO

Espectáculo de danza | Site specific |  50-75 min.

IMG_8525.JPG

 28/03/2021  | ESTREA | Cidade da Cultura | 12.00h | Santiago de Compostela 

 

Clásicas Desfeitas vol. 3 é unha mirada compartida arredor do tempo e a identidade.  Xira entorno a tres eixes de inspiración principais, o Orlando de Virginia Woolf, o Mito de Sísifo de Albert Camus e A Consagración de la Primavera de Igor Stravinski. 

Trátase dun encontro irrespetuoso, dun xogo irreverente que cuestiona o propio canon e o propio feito artístico, partindo den discurso centrado no corpo. A danza como linguaxe principal que vertebra un diálogo aberto cos ciclos vitais, a fluidez da identidade e os procesos de resistencia. 

Orlando (1928) de Virginia Woolf, obra literaria que cuestiona o propio feito creativo, a temporalidade da vida e propón un punto de vista totalmente rompedor sobre a identidade de xénero desde unha óptica irónica e cargada de humor. 

Como segunda parada, A Consagración da Primavera (1913) de Igor Stravinski, composición musical concebida para os Ballets Rusos de Diaghilev coreografiada na súa estrea por Vaslav Nikinsky re-visitada en numerosas ocasións e que supuxo unha ruptura cos canons establecidos tanto para o mundo da danza como o musical, considerada unha das obras de maior repercusión do século XX, centrada sobre ls rituaies primitivos asentados ea natureza que utiliza a danza como cerimonia de sacrificio e resistencia.   

 

Súmase finalmente, a reflexión de Albert Camus sobre a figura de Sísifo no seu ensaio El mito de Sísifo (1942), onde cuestiona o propio sentido da vida, a absurdeza da existencia a través da figura da mitoloxía grega de Sísifo, condenado a empurrar unha e outra vez unha gran rocha nun  ciclo interminable, nun exercicio contrario á razón, na búsqueda dunha resposta imposible, o esforzo inútil para atopar un sentido lóxico á existencia. 

Dirección e dramaturxia

Gena Baamonde, Rut Balbís e Manu Lago

 

Creación

Gena Baamonde

Rut Balbís

Cristina Balboa

Sabela Domínguez

Julia Laport

Manu Lago

Verónica Moar

Jas Processor

Andrea Quintana

Paula Quintas

Intérpretes

Cristina Balboa

Sabela Domínguez

Julia Laport

Manu Lago

Verónica Moar

Jas Processor

Andrea Quintana

Paula Quintas

 

Textos

Gena Baamonde

Cristina Balboa

Manu Lago

Verónica Moar

Espazo sonoro en directo

Jas Processor 

Iluminación

Afonso Castro

Técnico

Fili

Produción executiva

Manu Lago

Fotografía

Manuel Vicente e Miguel Gendre

Video

Rafa Martínez e Cidade da Cultura

Coproduccen

Fundación Cidade da Cultura coa colaboración do Centro Dramático Galego

 

Clásicas Desfeitas vol. 3 é un espectáculo site specific que é adaptado a cada lugar concreto onde se presente con dous días de residencia previa.

Clásicas Desfeitas vol. 3 é un proxecto xenerado a través das residencias  REGA da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela en colaboración co Centro Dramático Galego.

Clásicas Desfeitas Vol. 3 estrenouse o 29/03/2021 na Cidade da Cultura e presentouse no USCénica Festival o 08/07/2021 en Santiago de Compostela.

bottom of page